Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Os Remedios máis potentes, en Lira

    Carnota 2013 - Festa dos Remedios en Lira - cartelXa están de volta os Remedios de Lira, en Carnota, un ano máis. Coma sempre, o cartel é potente en canto a orquestras convidadas, pois se na primeira xornada a encargada de amenizar as celebracións é unha orquestra, na noite do venres, como de costume, son varias as formacións musicais que actúan en Lira ata altas horas da madrugada. A maioría das formacións xa pasaron por estas festas nalgunha ocasión, e así, despois de gozar coa música de baile de NUEVA GENERACIÓN, a noite do venres promete diversión e baile ata o límite con tres formacións ben coñecidas: o grupo SAMBA e as orquestras GALILEA e PALLADIUM. Música de baile e temas de lucimento vocal en SAMBA, música de baile co toque inconfundible de GALILEA e a música verbeneira e os temas máis actuais da man de PALLADIUM. Unha noite completa en Lira na que, ademais, parece que acompañará o tempo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook