Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Os oubiñistas "atacan" de novo

    Website oficial Carlos Oubiña 2013 - fotoA web dedicada a Carlos Oubiña reábrese renovada e con novos contidos

    Unha das webs de seguidores de músicos de orquestra, a de Carlos Oubiña, teclista de PANORAMA, preséntase renovada e con novos apartados para seguir ofrecendo un dos espazos máis completos e atractivos deste tipo na Rede.

    Desde esta semana, o website de Oubiña está aberto outra vez para poder gozar do novo deseño e con contidos renovados que aínda se irán completando ao longo da temporada. Ademais, existe un novo apartado nunha pestana da páxina baixo o título de "Inédita" onde se poderá atopar contido exclusivo para os seguidores do Club de Fans e que pronto estará operativo. O sitio que se presenta renovado foi premiado nos anos 2010 e 2012 como a mellor web dedicada a artistas da verbena galega.

    Son xa moitos anos formando parte do plantel de músicos de PANORAMA, polo que non é estraño que o músico grovense teña un Club de Fans funcionando xa desde hai varias temporadas. Carlos Oubiña é un dos músicos máis veteranos na orquestra (xunto con Lito Garrido, cantante e responsable da formación musical) e esta temporada, a do 25 aniversario, non podía pasar sen o seu teclista "de toda a vida". Coa web renovada poderemos coñecer máis sobre o músico e seguir os pasos da orquestra coa súa xira Remember Tour 2013.

    www.carlosoubiña.com

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook