Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Febrero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Os mellores entroidos de Galicia xa teñen orquestras

    Entroido 2009Nun par de semanas sairán ás rúas galegas os disfraces, entroidos, choqueiros e peliqueiros / © Foto: Pilar Ponte A profa 2009

    Algúns dos entroidos máis populares de Galicia xa teñen confeccionados os seus carteis para este ano. O entroido sae á rúa en dúas semanas e algúns lugares como Verín, Laza, Viana do Bolo ou a cidade de Ourense póñense no punto de mira dos festeiros. En todos estes lugares mencionados as verbenas do Entroido serán a cargo de orquestras de Sito Mariño Espectáculos. Así, LOS SATÉLITES, TRÉBOL, CAPITOL, LOS TROVADORES, etc, estarán actuando nestes populares carnavais galegos.

    E se imos á provincia coruñesa, tamén están cerradas ou a piques de facelo, as actuacións de orquestras desta oficina nos Entroidos de Culleredo, Negreira, onde estarán LOS ESPAÑOLES o venres 4 e LOS SATÉLITES o sábado 5, ou Oleiros, onde estes últimos anos actuou unha formación orquestral doutra axencia de espectáculos.

    Nestes días comezaremos a recibir os programas e carteis das festas do Entroido. Se queres enviarnos os carteis da túa localidade podes mandalos a festaafesta.blog@gmail.com. En breve os peliqueiros, choqueiros, cigarróns e demais entroidos sairán á rúa entre olor a filloas, orellas e música de orquestra.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook