Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ortigueira, capital do mundo celta

    Ortigueira 2011 - Festival Celta - cartelDiego Pérez Dopico é o autor do cartel para a edición 2011 do Festival de Ortigueira

    O Festival Celta de Ortigueira está máis que consolidado. Unha das citas festivas máis importantes do país estase a levar a cabo durante esta fin de semana. Non só música, aínda que si o principal, senón tamén obradoiros, mostras de artesanía, radio en directo, mostras de bandas, etc...

    Durante tres días Ortigueira convértese na capital do mundo celta, orixe do que hoxe somos. As reminiscencias musicais de moitos grupos galegos veranse estes días nos escenarios de Ortigueira un ano máis.

    Toda a información na completísima web do festival, con fotografías, todas as noticias, o programa e datos de interese para facilitar unha estancia agradable aos milleiros de visitantes que estes días se achegarán a Ortigueira.

    Máis info en www.festivaldeortigueira.com

    O FESTIVAL

    Cita ineludible do verán e un dos referentes mundiais do folk, o Festival Ortigueira tense convertido por méritos propios nun dos eventos musicais máis multitudinarios de toda España. A súa magnitude excede xa o puramente musical, para consolidarse como un espazo libre onde conflúen xentes de todas as tribos chegadas dos máis diversos puntos da xeografía.

    Pouco máis que ese espírito de liberdade e o carácter folclórico do evento quedan daquel festival artesanal que nacía no ano 1978, froito do esforzo da Escola de Gaitas de Ortigueira, liderada naquel intre por Xavier Garrote. Unha idea visionaria que triunfou grazas á axuda de toda a vila e malia o contorno oficial pouco favorable -tivo que interromperse durante un lustro.

    No ano 2000 sentáronse as bases do que é hoxe unha auténtica industria cultural, ao tempo que o Festival abría o seu horizonte musical cara a outros tipos de música que non teñen por que ser estritamente celtas.

    O esforzo nas súas últimas edicións pasa por reforzar as infraestruturas de servizos -autobuses gratuítos, aparcamentos vixiados, duchas, aseos, puntos de información- para facer máis cómoda a estancia dos milleiros de visitantes que ateigan a vila e a zona de acampada libre da praia de Morouzos, e coidar ao máximo a calidade da programación musical. As estrelas do folk elixen os palcos de Ortigueira para presentar os seus últimos traballos -escenario Estrella Galicia- e o certame eríxese ademais como catapulta de novas bandas -Escenario Runas-.

    A forza do Festival, organizado polo Concello de Ortigueira, valeulle que na edición do 2003 o Ministerio de Economía lle concedese o galardón de Festa de Interese Turístico Nacional. Pero os recoñecementos irían aínda máis aló. En 2005 o certame entrou no selecto grupo de eventos de Interese Turístico Internacional . O empuxe do Festival -arredor de 100.000 asistentes nas súas últimas edicións- ou o seu papel na proxección de Galicia e España no estranxeiro foron só dous dos factores que lle valeron o recoñecemento. Que máis se pode pedir?

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook