Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Agosto
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Orquestras de nivel para Castro e Laxe

    culleredo-castro-e-laxe-2010-cartel

    As mellores orquestras de Alfa3. Esta é a proposta festeira dos lugares de Castro e Laxe, lindantes con Vilaboa, no concello coruñés de Culleredo. Tres formacións musicais de gran nivel para celebrar unhas festividades anuais que gozan de moita fama pola zona. Despois das festas de Vilaboa e O Burgo, no mes de xullo, ou as de Castelo que acaban de ser, agora tócalles ás de Castro e Laxe, xusto antes de comezar outras grandes, as de Culleredo dentro duns días.

    GRAN CANARIA, a nova orquestra de Alfa3 Producciones, chegará hoxe cos seus sons característicos: cumbia, salsa e merengue principalmente. Temas como El pedazo ou unha adaptación dun famoso tema de Rihanna destacan entre un repertorio 100% bailable.

    E o luns continúan as celebracións; desta volta con outra das grandes: LOS PLAYER'S. Con Gerson Galván á cabeza, repertorio moi bailable, con temas de exhibición vocal como Granada, que na voz de Galván deixa os pelos de punta.

    Para rematar, o día da sardiñada máxica, con pan de millo e todo gratis, a orquestra SUAVECITO cerrará as festas co seu repertorio clásico, onde poderemos gozar incluso do tango, un estilo que raramente se toca nas verbenas. Tres grandes orquestras para unhas festas de nivel no concello de Culleredo, que seguirá en festas a partir do 2 de setembro.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook