Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Enero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Orquestra Pontevedra 2010: único cambio no plantel e moita festa

    orquesta-pontevedra-2010-webPortada da web actualizada da orquestra Pontevedra

    A orquestra PONTEVEDRA xa está levando a festa ás súas primeiras citas da nova temporada, con case ningún cambio nos compoñentes, só un, e a mesma filosofía de sempre: facer unha boa festa con música de baile.

    O único cambio referente ao plantel de músicos dáse no saxo: abandonou o saxofonista José Manuel González, que continuará cos seus estudos no Conservatorio Superior de Jazz da Coruña, e o seu lugar foi ocupado por Ossiel (ex PHILADELPHIA). O novo músico da orquestra PONTEVEDRA contribuirá como saxo alto, saxo tenor, teclados e, sobre todo, moitas ganas de afrontar a nova temporada na formación pontevedresa.

    Polo tanto, salvo a entrada de Ossiel, o resto do plantel de músicos e cantantes continúa igual: Ángel Barry - voz; Mili - voz; Ander - voz; Jacobo - teclados, acordeón e voz; Álex - batería, Suso - guitarras e voz, Alberto - baixo, Gelsys - percusión e voz, Manu - trompeta e José Manuel - trombón. Tamén continúa o mesmo equipo técnico, vital en calquera orquestra.

    Para a xira 2010 a orquestra PONTEVEDRA seguirá, en palabras da dirección, "coa súa filosofia de música de baile. Estamos traballando nun novo repertorio buscando sempre que sexa moi bailable e ofrecendo en momentos puntuais da actuación algún tema de lucimento e especial calidade".

    E non rematan aquí as novidades, porque "é probable que o noso escenario sufra algunhas reformas para intentar ofrecerlle ao noso público algún detalle novo. Tamén estamos traballando nun novo traballo discográfico da orquestra PONTEVEDRA".

    Para rematar, a formación musical tamén nos ofrece de novo a súa páxina web actualizada. Alí pódense consultar diversos apartados que se irán actualizando temporalmente, con fotos, vídeos, compoñentes, a historia da orquestra e, como non, o calendario de actuacións.

    A falta tan só do novo cartel da orquestra PONTEVEDRA 2010, que será presentado en breve (o que aparece na páxina web é o de 2009), a formación musical afronta unha nova etapa caracterizada polos mínimos cambios na formación, o que lle dá unha estabilidade envexable, e anuncia cambios importantes no repertorio así como un novo CD para levar sempre a música bailable desta formación pontevedresa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook