Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Orquestra Palladium: nova etapa musical

    orquesta-palladium-2010-portada-webNova portada da web da orquestra de Espectáculos Lito coa nova denominación

    Non podemos dicir que hoxe naza unha nova orquestra aínda que si unha nova andaina musical. Despois de moitos anos de historia, a orquestra SUAVECITO de Espectáculos Lito quere consolidar un proxecto que xa o ano pasado (primeiro sen Mariano) desbordou as previsións. Para non crear máis confusión coa dualidade actual do nome Orquesta Suavecito, a banda liderada por Richard Blanco, Fátima Pego, Fernando Hernández e Beatriz Loureiro pasa a denominarse PALLADIUM. A partir de agora só haberá unha orquestra SUAVECITO, a de Mariano en Alfa3.

    Polo tanto PALLADIUM non é unha nova orquestra, é simplemente un cambio de nome que conserva o resto do proxecto. Mesma banda musical, mesma calidade pero non as mesmas ganas de seguir adiante senón moitas máis. Conscientes de que hai que consolidar o novo nome, os integrantes da formación aumentarán os esforzos para que a orquestra se posicione coa nova denominación entre as máis grandes.

    A temporada 2009 foi decisiva na historia da banda. Nacía unha nova etapa que desbordou todas as previsións: aumento do número de datas, gran éxito do CD Mentalízate e, sobre todo, moi boas críticas por parte das comisións de festas e do público en xeral. Todo isto seguirá reflectíndose baixo a nova denominación con novas propostas que tocan todos os estilos de música que se poden escoitar nunha verbena do século XXI.

    A continuación publicamos o comunicado oficial remitido pola orquestra a Festa a Festa. MENTALÍZATE; hoxe comeza unha nova aventura: novo envoltorio pero a calidade de sempre, ou mellor...

    COMUNICADO OFICIAL ORQUESTA PALLADIUM

    Hola amig@s

    Para Suavecito comienza hoy una nueva etapa en la que como siempre, como punto de partida queremos contar con tu apoyo y amistad.

    Después de 15 años de historia desde nuestra fundación, cientos de miles de kilómetros recorridos alrededor de toda nuestra geografía, unas 2500 noches de fiesta a vuestro lado, e innumerables momentos vividos llenos de magia y alegría, llega el momento en el que la orquesta Suavecito quiere consolidar este nuevo proyecto, gracias al cual, en tan solo un año, nos hemos convertido en la orquesta Revelación de la pasada temporada 2009 y hemos creado la mayor demanda de actuaciones requeridas de esta orquesta en toda su historia.

    Para que esta situación continúe por este próspero camino, para evitar confusiones entre el público y amigos que sois al fin y al cabo a quien nos debemos, y sobre todo, para que nuestro trabajo cada noche encima del escenario, sólo repercuta en la formación a la que orgullosamente pertenecemos, queremos invitarte a que nos acompañes en esta nueva aventura, que hoy comienza.

    La orquesta Suavecito al completo, te damos la bienvenida al palacio de la música...bienvenido a la orquesta PALLADIUM."

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook