Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ordes desenténdese da Gala contra o Cancro e do festival Brincadeira

    Orquesta Panorama 2009 0003 - II Gala Panorama contra o cancro.JPGII Gala contra o Cancro, orquestra Panorama, Ordes 2009 / © Foto roxegar 2009

    "Estamos moi orgullosos de poder ter celebrado estes tres anos a Gala en Ordes. Con esta edición cerramos unha triloxía que nos permitiu contar con grandes artistas". Así se despedía Lito Garrido a pasada edición da Gala contra o Cancro celebrada en Ordes. As súas palabras presaxiaban que o evento benéfico non ía ter continuidade, polo menos nese concello.

    O Concello de Ordes cerra a billa dos cartos para as festas. O recorte aféctalles a todas as festas do municipio xa que se suprimen as subvencións ou axudas para as celebracións das parroquias. Ademais, isto supón que Ordes tampouco vai acoller a Gala contra o Cancro da orquestra PANORAMA e outro evento xa consolidado como é o festival Brincadeira.

    Orquesta Panorama 2009 0017 - II Gala Panorama contra o cancro.JPGMarta Sánches e Carlos Baute na II Gala contra o Cancro da orquestra Panorama / © Foto roxegar 2009

    A Gala contra o Cancro, que celebrou en 2011 a cuarta edición (a primeira organizada en Cambados e as outras tres en Ordes) contou coa colaboración de grandes artistas como OBK, MELOCOS, CARLINHOS BROWN, ANA TORROJA, MARTA SÁNCHEZ, MERCHE, CARLOS BAUTE, BUSTAMANTE ou BISBAL entre moitos outros ata chegar a case 40 invitados, incluída a tonadilleira ISABEL PANTOJA, que acompañaron a orquestra PANORAMA; mentres que o Festival Brincadeira conseguía a pasada edición traer o grupo EUROPE. Pero o éxito destas convocatorias festivas non se repetirá en Ordes. A crise obrigou a decidir suprimir todo tipo de axudas para a organización deste tipo de festas, incluídas as das parroquias entre as que se inclúen algunhas importantes como Parada ou Leira.

    Orquesta Panorama 2011 - IV Gala contra o cancro - 017Merche na IV Gala contra o Cancro da orquestra Panorama / © Foto roxegar 2011

    O Brincadeira xa ten asegurada a súa continuidade: será en Cambre aínda que en distintas datas. En agosto o concello coruñés celebra as súas festas patronais de Santa María así como o Rock in Cambre. O Brincadeira sumarase nesa semana á programación festiva deste concello, polo que promete ser todo un éxito de convocatoria celebrar na mesma semana os dous festivais e as festas patronais.

    A Gala contra o Cancro está no aire. Nada sabemos polo momento sobre a súa continuidade aínda que pronto poderemos dar noticias, pois a PANORAMA está a piques de saír coa nova xira e de seguro que se empezarán a saber detalles da nova temporada. En canto ás festas de Ordes, veremos en que medida se ven afectadas polo recorte do Concello, tanto as patronais do mes de agosto como as das diferentes parroquias.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook