Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Enero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Olympus trae novidades

    Orquesta Olympus 2012 - Maythe Leiva (voz)Na orquestra Olympus de Negreira xa son efectivas todas as novas incorporacións que no seu día presentamos en Festa a Festa. Maythe Leiva é a fichaxe para a dianteira de 2012

    A orquestra OLYMPUS de Negreira trae novidades no repertorio para esta fin de semana. Dúas son as citas desta afamada agrupación musical. A primeira en Armea (Coirós), na noite do venres un ano máis, e o sábado en Abelenda das Penas (Carballeda de Avia, Ourense), acompañada polo grupo ATENAS.

    A formación musical xa adiantou na súa páxina web e no Facebook dalgún dos seus compoñentes a incorporación de varios temas novos ao repertorio. Aínda que a presentación da xira será máis adiante e traerá o groso das novidades, OLYMPUS vai regalando aos seus seguidores algún que outro tema novo antes de que chegue o forte da temporada con nova montaxe e novo espectáculo.

    Coirós 2012 - Festas de San Vicente en Armea - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook