Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Olympus e Aché coa xuventude de San Román

    A Laracha 2011 - Festa da Xuventude en San Román - cartel

    Cartel da 3º edición da Festa da Xuventude en San Román (A Laracha)

    Concello da Laracha; entrada ao municipio vindo de Carballo, na saída da autoestrada que vén da Coruña. San Román é un dos lugares do concello larachés máis festeiro. Á súa celebración patronal de agosto súmanlle, entre outras, a Festa da Xuventude; e para garantir o éxito contarán dentro dunhas horas coas orquestras OLYMPUS e ACHÉ.

    Orquestras de altura para unha festa xa consolidada. ACHÉ quere asinar este ano outra temporada de triunfo e OLYMPUS xa está considerada unha das principais orquestras de Galicia. Veñen estes días de actuar coa PHILADELPHIA, a primeira, e con PANORAMA e PARÍS a segunda, e hoxe veranse as caras en San Román para deixar ben altos uns nomes xa ben coñecidos na verbena galega. Novidades no repertorio para esta nova temporada e moita gana de festa e de ofrecer o mellor que teñen: a música de todos os estilos e para todos os públicos. Esta noite en San Román (A Laracha).

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook