Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Olympus continúa fiel ás festas de Xallas

    Festeir@s - 2010- 00045 - Parada (Ordes)Veciños de Xallas (Cee) e seguidores da orquestra Olympus nunha festa de 2010

    E os veciños continúan fieis a OLYMPUS. A orquestra leva tocando todos estes últimos anos sen excepción nestas festas do concello de Cee. E este ano non podía ser menos, máxime conmemorándose o 40 aniversario das celebracións. Durante as últimas temporadas a orquestra levou os seus espectáculos sen fallar nunca e sempre cunha asistencia moi alta de festeiros. Por iso non é unha festa calquera para OLYMPUS a que hoxe realiza en Xallas.

    Pero a formación musical non estará soa, ás 23 horas comezará a verbena o grupo NEBRASKA con moitas novidades na montaxe e no repertorio. Hai quen fala de NEBRASKA como o grupo revelación 2012 da verbena galega. Esta noite terá unha boa oportunidade de lucirse ante unha das bandas máis afamadas do momento, o cal non será tarefa fácil. O reto é dos grandes, por iso tamén ten o seu aquel. Esta noite en Xallas a festa está garantida e só nos queda desexarlles outros 40 anos máis, polo menos, de festas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook