Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Febrero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Obxectivo conseguido: Lucía Pérez en Eurovisión 2011

    http://pasionorquestas.blog.galeon.com/img/luciperez.jpg

    Lucía Pérez interpretando o tema co que participará no Festival de Eurovisión 2011, 'Que me quiten lo bailao'

    E o soño fíxose realidade. A cantante LUCÍA PÉREZ converteuse na representante española en Eurovisión 2011. A artista do Incio será a primeira galega en pisar o festival de máis sona en toda Europa. Grazas a ser a gañadora do programa de TVE Destino Eurovisión, no que acadou un apoio do 68% en emisión de votos, Lucía Pérez estará en Eurovisión co tema Que me quiten lo bailao.

    Será o 14 de maio en Düsseldorf (Alemaña), onde veremos á luguesa interpretar o tema escollido para a ocasión. Desde Festa a Festa a nosa noraboa pola consecución do primeiro posto. Unha vez máis, o traballo ten a súa recompensa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook