Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Octubre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Ventorrillo celebra as súas festas "recortadas"

    A Coruña 2012 - Festas do Pilar no Ventorrillo - cartel É un dos barrios coruñeses que máis tarde celebra as súas festas. Despois das do barrio de Elviña, hai unhas semanas, onde actuaba a orquestra FOLIADA, agora é a vez das festas do Pilar, no Ventorrillo; unhas festas recortadas se temos en conta os días e o número de orquestras que actuarán. Neste populoso barrio coruñés en tempos mellores chegou a haber catro días de festa e dúas orquestras nos días centrais. Hoxe hai que conformarse con só dúas xornadas festivas e dúas formacións musicais, unha para cada día, en espera de tempos mellores.

    As orquestras que actuarán este ano quedan na casa, pois serán as coruñesas ALARMA e CENIZA as encargadas de amenizar unhas festas que resisten nunha cidade onde xa quedan poucas. As próximas serán en decembro, na parroquia de San Francisco Xabier, entre o Ventorrillo e a Ronda de Outeiro, vese que esa parte da cidade coruñesa mantén as súas tradicionais festas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook