Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O swing do Combo chega ás festas de Gracia

    Orquesta El Combo Dominicano 2011 - foto A CoruñaImaxe do público asistente á actuación de El Combo Dominicano nas festas de María Pita de 2011, na Coruña

    As festas de Gracia teñen moita sona pola parte de Santiago, por iso non é de estrañar que a elas cheguen orquestras de renome ano tras ano. Desta volta tócalles a tres orquestras de renome en Galicia. Hoxe abren as celebracións os compoñentes da formación canaria EL COMBO DOMINICANO, que veñen de abrir hai horas as festas de Brives, en Cambre, e a semana que vén dirán adeus ás terras galegas esperemos que ata a vindeira temporada. Se armó la fiesta é o nome da xira que leva por terras galegas desde hai tres meses EL COMBO con grande éxito de afluencia ás súas festas e un calendario ben cargado de datas para os tempos que corren. Ritmos latinos sen parar durante máis de tres horas de espectáculo e baile sen pausa deixan un bo sabor de boca para a próxima xira.

    Pero a banda canaria non estará soa, a orquestra SALSA ROSA, coa maioría de compoñentes femininas, chegará tamén a Gracia co seu repertorio para todos os públicos e moita música e coreografías traballadas. Por último, a orquestra CINEMA, en solitario, poñerá o broche final no día de mañá ás concorridas festas de Gracia.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook