Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O swing do Combo chega a Valga

    valga-campana-2010-cartel

    E por partida dobre. Hoxe no programa de Radio Valga, Palco de Estrelas, a orquestra EL COMBO DOMINICANO será entrevistada por Daniel Seijas. Ademais, esta é unha das  formacións musicais participantes nas festas de Campaña, no mesmo concello, a partir do sábado e ata o luns.

    O cartel de Valga inclúe formacións musicais de gran calidade: a orquestra padronesa CHARLESTON BIG BAND, unha das mellores do momento, acompañará na primeira xornada verbeneira a EL COMBO DOMINICANO. O grupo OCÉANO actuará o domingo xunto coa ACHÉ, unha das orquestras que está arrasando este verán. Para o luns están contratadas as orquestras OLYMPUS, que traerá o seu espectáculo Al final del Camino, e GALILEA, outra das grandes e completas orquestras de 2010. A de Negreira e mais a da Estrada farán o cerre das festas de Campaña, en Valga, por todo o alto, tal como nos teñen acostumados.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook