Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O soño cumprido

    Cambre 2012 - Festas de San Xoán en Pravio - cartel

    As festas de Pravio (Cambre) son bastante irregulares na súa historia. Esta localidade a 16 quilómetros da Coruña ten dúas celebracións, o San Xoán (patrón da parroquia) e o San Bartolomé en agosto, pero non sempre hai verbena no campo da festa.

    Nin moito menos, uns anos hai festas para as dúas celebracións, outros anos celébrase o San Xoán ou o San Bartolomé pero non as dúas, outras veces, incluso, non houbo festa en ningunha das dúas ocasións. Pero a tendencia dos últimos anos é a que haxa, polo menos, un día grande de festas e, se se pode, completar con outra xornada ou incluso dúas.

    E para o día grande, polo menos no San Xoán, que para iso é o patrón, en Pravio contan sempre cunha grande orquestra como CHARLESTON BIG BAND ou MARBELLA entre outras moitas que teñen pasado por esta parroquia. Pero xa hai un tempo que en Pravio querían contar cunha das orquestras máis mediáticas do momento, e desta vez parece que o conseguiron. Na próxima noite, despois da xa tradicional churrascada, a orquestra PANORAMA presenta en Pravio o seu espectáculo MAGIC TOUR 2012, La gira del Sol, que de seguro congregará a milleiros de visitantes e a parroquia enteira.

    E por se non chegase, desta vez hai dúas xornadas máis de festa. O grupo DIAMANTE fará a verbena do sábado e aínda pasará polo campo da festa outro grupo musical para o domingo.

    O tempo vai permitir que a festa do San Xoán en Pravio sexa todo un éxito. A ver que nos teñen preparado para agosto.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook