Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Santiaguiño, en Padrón

    padron-2010-santiaguino-cartel

    Despois da Pascua de Padrón, as súas festas grandes, e doutra proposta festiva como é a Feira Medieval hai un par de semanas, a localidade rosaliana volve ofrecernos unha nova cita festeira; esta vez co folk.

    Temos a oportunidade de escoitar grupos da terra como LÚNASA ou MILLADOIRO, que repetirán en Compostela horas despois, ou para a xornada do domingo ROSA CEDRÓN e FÍA NA ROCA, que estarán nas festas de Ribeira dentro de quince días escasos.

    A proposta folk padronesa complétase con outros concertos do mesmo estilo na praza da Quintana esta mesma fin de semana e das que xa demos conta en Festa a Festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook