Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O San Xoán lugués pasa por Sarria e Guitiriz

    orquesta-jerusalen-2010-cartelA orquestra Jerusalén abriu as festas do San Xoán en Sarria. Rematan o domingo con Panorama e Olympus

    Son sen dúbida dous lugares famosos polas súas festas do San Xoán. As localidades lucenses de Sarria e Guitiriz entran na fin de semana grande das celebracións do verán.

    SARRIA

    As verbenas comezaron coa actuación da orquestra JERUSALÉN (mércores 23), o día seguinte GRAN PARADA e CINEMA e o venres 25 as orquestras SINTONÍA DE VIGO e SON TV NORDÉS. Aínda haberá dúas xornadas máis de festa con FÓRMULA e PARÍS DE NOIA (sábado) e PANORAMA e OLYMPUS para cerrar a edición do San Xoán 2010 en Sarria. Os espectáculos A Xira do Xacobeo e O final do camiño serán o mellor punto final para unhas festas que son referencia na comarca.

    GUITIRIZ

    Cunha sardiñada gratuíta e música de discoteca comezaron tamén as festas do San Xoán en Guitiriz. Para a xornada grande do 24 música de orquestras de primeira: ABANICO e PANORAMA e para a primeira xornada da fin de semana (venres) duelo nas alturas entre PARÍS DE NOIA e OLYMPUS. A festa aínda continúa o sábado e mais o domingo. A Orquestra VENEZIA actuará esas dúas noites, acompañada o sábado do grupo compostelán CICLÓN.

    París de Noia - 2010 - 00041 - Aguiño (Ribeira)A orquestra París de Noia actúa o venres coa Olympus en Guitiriz, e o sábado en Sarria co grupo Fórmula / Fotografía © roxegar 2010

    SAN XOÁN SARRIA 2010 MÉRCORES 23.- Orquestra JERUSALÉN XOVES 24.- Orquestras GRAN PARADA e CINEMA VENRES 25.- Orquestras SINTONÍA DE VIGO e SON TV NORDÉS SÁBADO 26.- Grupo FÓRMULA e orquestra PARÍS DE NOIA DOMINGO 27.- Orquestras PANORAMA e OLYMPUS SAN XOÁN 2010 EN GUITIRIZ MÉRCORES 23.- Sardiñada gratuíta e discoteca móbil ESDEN XOVES 24.- Orquestras ABANICO e PANORAMA VENRES 25.- Orquestras OLYMPUS e PARÍS DE NOIA SÁBADO 26.- Orquestra VENEZIA e grupo CICLÓN DOMINGO 27.- Orquestra VENEZIA

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook