Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O San Xoán coruñés, referencia internacional

    Foto Juan Varela (La Opinión de A Coruña)

    Máis de 120.000 persoas abarrotaron onte as praias de Riazor-Orzán e Matadoiro na cidade da Coruña fulminando a cifra de asistencia do pasado ano (100.000). Está claro que a celebración do San Xoán na cidade herculina pasa polo seu mellor momento e vai camiño de converterse en referencia nacional e incluso internacional. Ou isto é polo menos o que pretende o Concello coruñés.

    Desde o punto de vista verbeneiro, que é o que máis nos interesa en Festa a Festa, este ano recuperouse a verbena de San Xoán que ata hai anos se viña desenvolvendo no entorno de Riazor por unha orquestra ou un grupo musical. Despois de varios anos sen haber música verbeneira no San Xoán, de novo se puideron escoitar os acordes dunha orquestra, nada menos que PARÍS DE NOIA, aínda que xa o pasado xoves no parque de Santa Margarita, despois dunha sardiñada moi concorrida, actuaba a orquestra PALLADIUM.

    Deixámosvos varios enlaces das últimas noticias sobre o San Xoán recollidas en La Opinión de A Coruña.

    O San Xoán coruñés, referencia nacional. La Opinión A Coruña O San Xoán máis festivo. La Opinión A Coruña Galería de fotos San Xoán 2012. La Opinión A Coruña

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook