Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Agosto
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O San Roque chega tamén a Portonovo

    orquesta-los-players-2010-cartel-pequenoOrquestras como Los Player's ou Los Satélites actuarán ata o mércores nas festas de Portonovo

    A localidade de Portonovo, en Sanxenxo, celebra as súas festas máis importantes, as de San Roque. Pasarrúas, competicións deportivas, charangas, música de banda, o acendido do fogón para a queimada e a lectura do pregón (hoxe sábado) son algunhas das actividades que acompañarán as verbenas ata o próximo mércores. Onte venres a festa estivo animada por gogós. Esta noite haberá unha discoteca móbil, STUDIO 21, para crear o ambiente festivo. Será a partir do domingo e durante catro xornadas cando se poderá escoitar e bailar a música de verbena por parte de varias orquestras da axencia Alfa3 e case outras tantas de Sito Mariño Espectáculos.

    Deste xeito, non é moi común atopar orquestras de diferentes axencias polo que compartirán día de festa NUEVA MODA e D'MODA o domingo, LOS SATÉLITES e o grupo AMISTAD de Vigo (luns), LOS PLAYER'S e RITMO JOVEN (martes) e para rematar MARIMBA e TANGO (estas si pertencen as dúas á mesma oficina).

    Seis días de festa na explanada portuaria de Sanxenxo que acrecentarán a marcha que de por si hai xa na vila pontevedresa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook