Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O San Miguel chega a Culleredo

    Orquesta Aché 2010Marbella, Aché, Garibaldi e Panorama amenizarán as festas de Culleredo 2011

    Concello que pode presumir de ter importantes citas festeiras: Vilaboa, O Burgo, Sésamo, Castelo... estamos a falar de Culleredo. Lindante coa Coruña, Culleredo disponse a celebrar as festas de setembro no corazón do municipio. Se as programación festivas de sitios como Sésamo ou Castelo, que despedía hai uns días as festas cunha participación masiva, sobre todo o día da churrascada coa actuación de CICLÓN e PANORAMA, ou as festas de Vilaboa, coa participación de orquestras de primeiro nivel, e O Burgo, que durante case unha semana dan cabida a milleiros de festeiros, levan o concello aos primeiros postos do ránking festeiro da comarca coruñesa, agora Culleredo celebra as festas máis importantes do centro do concello, de gran sona na zona, e que traerán de novo a grandes orquestras durante catro días de festexos.

    Ata o vindeiro luns por Culleredo pasarán importantes agrupacións musicais e tamén haberá outras actividades lúdicas. As festas de San Miguel e San Roque ábrense cunha gran mexilloada e a actuación, despois do pregón (23.00 horas), da orquestra pontevedresa MARBELLA.

    O sábado destaca o concurso de tortillas e chourizada gratuíta ás 19.00 horas. A verbena estará amenizada por ACHÉ.

    A verbena do domingo estará amenizada polo novo grupo GARIBALDI.

    E para rematar o luns, gran churrascada a prezos populares (7 €) con regalo de pan e viño. A verbena estará amenizada pola orquestra PANORAMA que, igual que fixera para cerrar as festas do Burgo en xullo, encherá o campo da festa na última verbena de 2011.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook