Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O San Martiño lugués está en Noche

    Vilalba 2012 - Festas do San Martiño en Noche - cartelDurante tres días a localidade de noche celebra o San Martiño

    A localidade de Noche (Vilalba) celebra tamén as festas do San Martiño con tres xornadas de festa. As verbenas comezaron esta mesma noite coa actuación da orquestra TV NORDÉS. Mañá será a vez de PALLADIUM acompañada de GRAN PARADA antes de atoparse esta última, o domingo, con ACHÉ en terras de Vilagarcía.

    Para a última xornada está prevista a actuación da orquestra FIN DE SIGLO antes de dar paso á PANORAMA co seu Planet Tour 2011 que vai chegando pouco a pouco ao seu final.

    Todas as celebracións gardan algunha anécdota ou curiosidade. En Noche, a comisión de festas está formada na súa totalidade por xente nacida no ano 1961, é dicir, xente que este ano cumpre 50 anos. E nada mellor para celebrar medio século de vida que organizar as festas da vila, que este ano serán especiais, polo menos para os membros da comisión. Parabéns!!!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook