Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Octubre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O San Froilán vaise acabando

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 02As actuacións de Panorama (Praza de Augas Férreas) e Ledicia Espectáculo (Praza Maior) culminan esta noite o San Froilán / © Foto: roxegar 2012

    Aínda que o gran recinto feiral do San Froilán, en Lugo, presidido pola noria xigante Sánchez, das máis grandes de España, estará en funcionamento ata o próximo domingo, as festas patronais lucenses rematan hoxe. E á parte de todas as actividades programadas, a música ocupa un lugar sinalado no cartel do último día. Mesmo haberá que sortear o estilo musical ou artista que queiramos ver porque varias actuacións se solapan. A partir das 20.15 comeza unha batería de actuacións que culminarán coa verbena na praza Maior a cargo da orquestra LEDICIA ESPECTÁCULO e coa actuación na gran praza de Augas Férreas da PANORAMA. Este é o calendario para hoxe; feliz despedida de San Froilán!

    20.15 Praza de Santa María EN CLAVE DE FADO 21.00 Praza Campo Castelo AMALGAMIC ALCHEMY 21.15 Praza de Santa María ANTONIO ZAMBUJO 21.45 Praza da Horta do Seminario KIMURU 22.00 Praza de Campo Castelo VICTOR ANEIROS BLUES BAND & JULIE GURAVICH 22.30 Praza da Horta do Seminario LA CASA AZUL 22.30 Praza de Augas Férreas ORQUESTRA PANORAMA 23.00 Praza Maior ORQUESTRA LEDICIA ESPECTÁCULO

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook