Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Samaín, tradición galega

    cedeira-samain-cartel

    O Samaín, e o comezo do novo ano celta, ten lugar 40 días despois do equinocio de outono, é dicir, entre o 31 de outubro e o 1 de novembro. Nestes días os nosos antergos lembraban os seus antepasados, ademais tiñan a crenza de que nestes días desaparecía o veo ou cúpula que separaba o mundo terreal do espiritual, polo que resultaba máis doado comunicarse cos espíritos. Era a época na que as tribos se recollían nos castros para pasar o inverno, os celtas adoitaban levar as cabezas dos seus inimigos e depositalas nos muros dos castros para lle dar protección ao castro e nas noites do samaín iluminábanas con fachos para manter o lugar protexido de visitas perturbadoras.

    Co abandono dos castros, abandonouse tamén o culto das cabezas decapitadas, pero non así o sentido desta celebración e cambiáronse as cabezas por cabazas, que aínda se manteñen nos nosos dias por algúns lugares de Galicia.

    O SAMAÍN EN CEDEIRA

    Chega unha das celebracións máis antergas de Cedeira: O Samaín. A piques de rematar o outono os celtas celebraban o paso ao inverno coa súa mítica festividadee. Os actos xa comezaron o pasado día 22 e rematan na tarde dominical cunha sesión de teatro.

    Pero o día grande é hoxe sábado, co concurso exposición de cabazas e a tradicional procesión. É unha noite digna de gozar en Cedeira que, coma case sempre, estará acompañada de chuvia e vento, para darlle, se cadra, un ton un pouco máis lóbrego.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook