Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O rico churro de Pontecesures

    Pontecesures 2011 - Festa do churro - cartelGran Parada, Ciclón, Marbella e Aché en Pontecesures

    A localidade de Pontecesures está estes días de festa. Xa desde o venres hai actos festivos e música de distintos estilos. Pero quizais o programa máis forte é o destinado ás dúas últimas xornadas de festa, o día dedicado á Virxe do Carme e o luns, no que terá lugar a Festa do Churro.

    E tamén nestas dúas xornadas están agrupadas as verbenas que de seguro atraerán a multitude de público. Para a noite do domingo, unha orquestra de primeira e un grupo que non pasa desapercibido alá por onde toca: GRAN PARADA e CICLÓN.

    Para a última xornada, despois de degustar os churros, verbena a cargo das orquestras MARBELLA e ACHÉ.

    Ademais, no día da festa do Churro de Pontecesures estará na localidade o equipo do programa da TVG Vaia Troula, para gravar os distintos actos e as verbenas nocturnas.

    Un programa máis que bo sobe todo tendo en conta o tempo no que se elaborou e os recortes que se están a levar na maioría de concellos e comisións de festas de toda Galicia.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook