Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Mayo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O rei de Redondela está de celebracións: Festa do Choco 2014

    Redondela 2014 - XXVIII Festa do Choco - cartelUn ano máis, Redondela ofrece a súa temporada festeira cargada de actividades. O «primeiro asalto» ten lugar esta fin de semana, coa Festa do Choco, que chega á súa XXVIII edición.

    Cunha carpa que pode acoller a máis de 3000 comensais, os negocios hostaleiros servirán o produto estrela en múltiples presentacións: arroz con choco, choco á grella, empanada de choco, etc… A celebración foi declarada Festa de Interese Turístico galego, o que lle dará sen dúbida un apoio e promoción importantes.

    Ademais da degustación popular, o concurso gastronómico e a feira de artesanía completan un programa festeiro onde non faltará a música, cos grupos CAMELOT e YUKATÁN. Este ano non haberá, pola contra, verbena de domingo aínda que si música de charangas e grupos na xornada central da festa.

    Redondela vestirase de festa en apenas un mes coa outra grande proposta do ano: a Festa da Coca. Desta volta serán máis días de festa con máis actividades das que daremos conta en Festa a Festa. Polo momento, a gozar do choco!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook