Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Septiembre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O punto festeiro desta fin de semana no Barbanza: Porto do Son

    Porto do Son 2013 - Festas do Carme - cartel

    En terras do Barbanza sempre estamos de festas. Esta fin de semana son as celebracións do Carme en Porto do Son. Ata o martes, a vila barbanzana ofrecerá un cartel completo onde se inclúe unha das consideradas mellores orquestras do momento: PARÍS DE NOIA.

    MAGOS DE ESPAÑA é a orquestra encargada de abrir o programa musical esta noite de sábado. Varias agrupacións musicais acompañarán a outros nomes en cartel: ALAMEDA e FILADELFIA para as verbenas de domingo e luns. O martes, a fin de festa virá da man do grupo pontevedrés TRIUNFO e da afamada orquestra da vila veciña; PARÍS DE NOIA.

    Pero non acabarán aquí as celebracións en Barbanza. Aínda que teremos que ir ata a outra punta da comarca, as festas do Nazareno da Pobra do Caramiñal, e a Guadalupe de Rianxo están xa ás portas. Ademais, Ribeira celebrará durante dous días as festividades patronais: Santa Uxía os próximos mércores e xoves.

    Se é o que dicimos, no Barbanza estamos sempre de festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook