Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Febrero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Planet Tour de Panorama arranca en Lalín

    Lalín 2011 - Festival benéfico - cartelPanorama abre a nova xira acompañada da orquestra Foliada en Lalín

    A contagotas, en espera da apertura da nova web de PANORAMA, saen as noticias sobre a nova xira da afamada orquestra caldense. Os amigos "panorámicos" saen en ruta o vindeiro 4 de marzo. Comeza en Lalín a nova xira Planet Tour 2011 con dúas incorporacións como son Víctor Manuel Rivas Chino na batería, en substitución de Jako Fontán e Dunia Santana no lugar de Maythe Leiva.

    Pero se o día 4 están en Lalín, o 5 farano en Parada (Ordes) nunha especial festa de Entroido (non é a festa anual da Xuventude), e o luns día 7 estarán no Carballiño, como prato forte do carnaval nesta localidade ourensá.

    Na primeira das actuacións, a de Lalín, PANORAMA estará acompañada da orquestra FOLIADA nunha festa benéfica para recadar fondos para o Club Deportivo Lalín, polo que a entrada será de 5 euros.

    PANORAMA xa está aquí; novo escenario, novo repertorio e un espectáculo para sorprender, como cada ano nos ten acostumados unha das orquestras máis afamadas de Galicia. O Planet Tour arranca en breve.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook