Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O pique anual entre Castro Barreiro e A Feira

    Salceda de Caselas 2012 - Entroido de Castro Barreiro - cartelCartel promocional do Entroido de Castro Barreiro, en Salceda de Caselas

    Como xa é tradición, e das vellas, das de toda a vida, o Entroido en Salceda de Caselas celébrase por todo o alto. Ademais, por partida tripla, porque ás celebracións da cabeceira do Concello, con verbena incluída, hai que sumar os Entroidos de Castro Barreiro e A Feira. E para os que nunca tiveron oportunidade de ir, dicirlles que a cita é máis que recomendable e aínda dá tempo a botar un baile nos dous campos da festa case sen mover o coche.

    A Feira 2012E a pouca distancia, os veciños da Feira non queren quedar atrás

    Porque desde o campo da Feira poderemos oír a música que vén de abaixo (Castro Barreiro) e viceversa. E, como vén sendo habitual, o pique entre as dúas pequenas localidades fai que en cada edición se queira superar aos veciños no cartel das orquestras. Iso fai que os programas verbeneiros de ambas as dúas festas sexan de gran calidade e sempre conten con algunha das "grandes" ou con varias, ademais de grupos e orquestras máis modestos pero que teñen certa repercusión e garanten a festa.

    Vai ser certo, como reza o cartel de Salceda de Caselas, que podemos estar, posiblemente, ante o mellor Entroido de Galicia. Cando menos é un dos que mellor vén gardando a tradición, co permiso dos ourensáns, onde tamén hai Entroidos "dos de toda a vida".

    Salceda de Caselas 2012 - cartelGrandes formacións como PARÍS DE NOIA, CHARLESTON BIG BAND (que repite), PHILADELPHIA, CINEMA, LA OCA, LA BÁMBOLA, MARBELLA e TEKILA desde Asturias amenizarán hoxe e mañá (día grande) as dúas celebracións do Entroido. Tamén haberá en Castro Barreiro un concerto a cargo de NATALIA (OT).

    Hai onde escoller, porque a festa está servida en Salceda de Caselas por partida dobre (no caso das verbenas) ou triple (no caso das comparsas e desfiles).

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook