Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Pilar anuncia a fin de temporada

    Vilamarín - Tamallancos 2010 - cartel

    O 12 de outubro, festividade da Virxe do Pilar, é xornada festeira en moitos lugares de Galicia. A fin da temporada de verbenas vai chegando e o Pilar é nalgúns lugares o cerre festeiro ata o ano que vén. Ademais, coincide co final do San Froilán e xa poucas festas quedan este ano. A maioría de orquestras toman vacacións en breve e os campos da festa cambiánse por salas de baile as fins de semana.

    Con todo aínda pode quedar algunha festa pendente para os vindeiros días, como en Mondoñedo, por exemplo. E para aproveitar os últimos cartuchos a festa do Pilar tráenos verbenas no barrio do Ventorrillo (A Coruña), Tella (Ponteceso) ou Tamallancos (Vilamarín). Na primeira delas cerra a FANIA BLANCO SHOW despois de catro días de festas, en Ponteceso clausuran os compoñentes do grupo ESTRELLA e en Tamallancos a PARÍS DE NOIA poñerá o broche de ouro.

    E outras citas coa verbena terán lugar en Lugo onde cerran o San froilán LOS SATÉLITES e na Pontenova, as orquestras POCEIRO e COMPOSTELA. Proseguen as festas en Moimenta (Boiro) hoxe con ABANICO e orquestras como PANORAMA actúa en Parada (Pontecaldelas), a TRÉBOL en Ortigueira, a PHILADELPHIA no Tremo (Brión) o grupo LA OCA en Viduído (Cerdedo) ou a COSTA OESTE en Folladela (Melide).

    As verbenas van rematando por esta temporada así que haberá que aproveitar as últimas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook