Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O novo disco de Panorama en Festa a Festa

    Orquesta Panorama 2010 carátula disco E só aquí, porque temos a información en primicia do disco completo da orquestra PANORAMA.

    A partir do venres, na III Gala contra o cancro da orquestra PANORAMA, poderás facerte co novo CD expresamente editado para unha causa solidaria. Todos os beneficios deste disco irán para a AECC como nas anteriores edicións, e xa van tres, para programas de loita contra o cancro e coidados paliativos.

    Once temas compoñen a nova entrega discográfica da orquestra caldense (10 + 1 bonus track) mesturada por Quico Bea no seu estudio do Grove. Tamén é destacable, unha vez máis, a colaboración de Manuel Conde. O disco acaba de saír quentiño do forno pois hai tres semanas se estaban a gravar as voces.

    Bea, que deixou o mundo das orquestras hai dous anos no escenario de COSTA OESTE, é o responsable do anterior éxito, Cómo está el panorama, e asina tamén o novo, Dale al boom boom.

    Escoitando o disco completo dámonos conta de que intenta tocar todos os estilos que traballa PANORAMA, nese sentido non é un disco tradicional de orquestra, onde priman as cumbias e os merengues; aquí hai moito máis:

    orquesta-panorama-2010-caratula-interior-disco

    01.- Cómo está el panorama

    É a mesma versión do exitoso tema do ano pasado pero coas novas voces femininas, Lydia Salar e Maythe Leiva, á parte do solo de Roberto Hernández.

    02.- Dale al boom boom

    Novo éxito máis discotequeiro da orquestra. Estrearase en directo na III Gala contra o cancro. Ás catro voces súmaselle a de Alexandre Jurado. Podes escoitar o tema en Festa a Festa e na conta oficial en Facebook da orquestra Panorama.

    03.- Negra sombra

    Unha nova versión para sumar ás xa tradicionais sobre os versos de Rosalía de Castro. Versión moi persoal onde prima a voz de Jorge Ferre.

    04.- Angels + think

    Son os temas de presentación das outras tres voces de Panorama. Lito interpreta Angels de Robbie Williams e as voces femininas atrévense nada menos que a versionar un éxito de Aretha Franklin. Tamén destaca a interpretación dos metais.

    05.- Looking for paradise

    O último éxito de Alejandro Sanz tamén está presente no nova entrega discográfica. Esta vez trátase dun arranxo diferente ao do tema orixinal para achegalo un pouco aos ritmos máis esperados por unha orquestra popular.

    06.- Panodance 2010

    Durante máis de seis minutos soan os éxitos máis actuais da música dance e pop do momento. Entre eles atópanse os últimos temas de Lady Gaga, David Bisbal, Paulina Rubio e así ata sete. Algúns estractos escollidos reprodúcense case fielmente mentres outros presentan unha versión máis dance para adaptarse ao mix que forman entre todos. O ritmo é trepidante de principio a fin, tal como nos teñen acostumados xa nos mixes de anos anteriores.

    07.- Que nadie

    O tema de Manuel Carrasco a dúo con Malú tamén ten cabida no novo disco solidario de Panorama. Aquí convértese nunha cumbia para moverse no campo da festa.

    08.- Tal para cual

    Pero non todos os temas sofren un cambio de estilo. Para mostra o corte 08 do disco que reproduce fielmente o orixinal de Luz Casal.

    09.- Mi princesa

    A balada de Bisbal, último éxito do cantante, convértese no disco de Panorama nunha cumbia rápida. Son orquesteiro 100%.

    10.- What's up

    E como mostra de contundencia un tema dos rockeiros de 4 Non Blondes. A maioría das orquestras, hoxe, incorporan temas deste estilo nos seus repertorios, cara ao final da actuación, pero bótanse en falta eses mesmos temas á hora de publicar un disco. Son o tipo de cancións que fan que o traballo discográfico dunha orquestra popular se vexa completo.

    11.- Cómo está el panorama (remix)

    De regalo, tal como anunciamos en Festa a Festa, unha versión bakalao, para as pistas de baile, coa incorporación de Alexandre Jurado nas voces.

    quico-bea-2010Quico Bea gravou e mesturou o novo disco da orquestra Panorama no seu estudio do Grove / © Fotografía Orquesta Panorama

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook