Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O mellor percebe do mundo está en Galicia

    Ponteceso 2011 - Festa do Percebe do Roncudo en CormeA Festa do Percebe do Roncudo chega á súa edición nº 19

    Non se me enfaden os veciños de Aguiño (Ribeira), que tamén teñen unha festa para promocionar este produto, pero a tradición vén dicindo que o mellor percebe do mundo está no Roncudo (Corme-Ponteceso). E agora toca alí a festa. En breve teremos por terras ribeirenses unha festa gastronómica similar pero de momento haberá que visitar o concello de Ponteceso para degustar un dos produtos estrela en Galicia. Sobre onde está o mellor percebe do mundo, deixémolo en que está en Galicia, onde se non?

    O programa completo para o sábado 9 é o seguinte:

    A partir das 11.00h. Ao longo de todo o día, Música na Rúa, coa Charanga Mecánica

    12.00h Misa na honra dos percebeiros cantada pola Coral Brisas do Mar de Corme

    12.30h Posta á venda dos vales de Percebe, Polbo, Empanada, Pan e Viño

    13.30h Pregón a cargo do Tenista cormelán Martín Varela Dourado. O Alcalde de Ponteceso fará entregará das placas conmemorativas polos éxitos deportivos acadados no 2011 aos xuveniles do Corme Clube de Fútbol, a Francisco Rodríguez Bugallo, campión cadete de 100 metros lisos galego, e ao tenista Martín Varela.

    14.00h Actuación de Pinto e Cobiñas (Protagonistas da serie televisiva Para mariñeiros nós)

    14.30h Sesión vermú. Sesión de DJ´S

    19.00h Actuación estelar de "El Parga" que presentará o seu novo disco "Los piratas de Frankin James"

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook