Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O mellor marisco do mundo está de festas

    O Grove - Festa do Marisco 2010 - cartel

    Xunto co San Froilán, a outra cita festeira principal destes días en Galicia está no Grove. A localidade pontevedresa apura os últimos días da súa Festa do Marisco. Variedade de produtos a prezos populares é o segredo do éxito de convocatoria ano tras ano; e neste espérase que pasen pola carpa da feira máis de 200.000 persoas.

    Ameixas, berberechos, camaróns, cigalas, polbo, zamburiñas, lagostinos, navallas, nécoras, ostras, mexillóns, rodaballo, etc... cociñado á prancha, en empanada, á feira. Máis variedade que en calquera restaurante para ofrecer aos visitantes unha festa de calidade a prezos para todos os petos.

    Tamén haberá outras actividades para complementar a festa gastronómica e música. Destaca mañá o concerto de LA GUARDIA.

    Ofrecemos o programa dos últimos días da Festa do Marisco:

    DOMINGO, 10  DE OUTUBRO

    11.00 h Apertura dos postos de venda de marisco.

    13.00 h Gaiteiros de Cantodorxo, no recinto da festa.

    12.00 h Actuación de charangas.

    12.00 h Entrega de premios do Concurso de pratos de mexillón Amegrove, no recinto da festa.

    17.00 h Festa Infantil, a cargo de Javi Solla, con karaoke, sorteos, xogos..., no recinto da festa.

    20.00 h Gaiteiros de Cantodorxo, no recinto da festa.

    23.00 h Festa dos anos 60/70/80 a cargo de Javi Solla, no recinto da festa.

    LUNS, 11 DE OUTUBRO

    11.00 h Apertura dos postos de venda de marisco.

    13.00 h Gaiteiros de Cantodorxo, no recinto da festa.

    13.00 h Actuación de charanga, no recinto da festa.

    23.00 h Concerto de La Vecina de Enfrente, no recinto da festa.

    24.00 h Concerto de La Guardia, no recinto da festa.

    MARTES, 12 DE OUTUBRO

    11.00 h Apertura dos postos de venda de marisco.

    13.00 h Gaiteiros de Cantodorxo, no recinto da festa.

    20.00 h Gaiteiros de Cantodorxo, no recinto da festa.

    HORARIO DE APERTURA DAS CAIXAS:

    Día 1 de outubro: de 19.00 a 22.45 h

    Días 2, 3, 9, 10, 11 e 12 de outubro: de 11.00  a 16.00 h e de 19.00 a 22.45 h

    Días 4, 5, 6, 7 e 8 de outubro: de 12.00 a 15.45 h e de 19.00 a 22.30 h

    HORARIO DE APERTURA DOS POSTOS DE DEGUSTACIÓN:

    Día 1 de outubro: de 19.00 a 23.00 h

    Días 2, 3, 9, 10, 11 e 12 de outubro: de 11.00  a 16.30 h e de 19.00 a 23.00 h

    Días 4, 5, 6, 7 e 8 de outubro: de 12.00 a 16.00 h e de 19.00 a 23.00 h

    LUDOTECA INFANTIL, no recinto da festa.

    Do 2 ao 12 de outubro: de 12.00 a 16.00 h e de 19.00 a 22.30 h. Gratuíta.

    O Grupo de Teatro Enxebre lucirá os disfraces de mariscos durante as fins de semana e o festivo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook