Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O mellor galo do curral

    Vila de Cruces 2012 - XIX Festa Gastronómica do Galo de Curral - cartel En Vila de Cruces están de festa, a XIX edición da Festa Gastronómica do Galo de Curral é o evento máis importante para esta fin de semana. Unha cita xa moi consolidada e declarada de Interese Turístico Galego que comezaba o venres coa tradicional verbena a cargo de CLAXXON e ALASKA, o tamén tradicional concerto de grupos o sábado,  e de novo a Festa Gastronómica do Galo de Curral o domingo. Ademais tamén se levará a cabo, como desde o primeiro ano da festa, o Festival de Bandas de Galicia, que nesta ocasión traerá a Unión Musical de Ponteledesma, Banda Escola de Música de Beade e Banda Artística de Merza.

    O domingo tamén pasarán pola vila outras bandas de música, charangas e diversos artistas, unha das galegas finalistas das últimas edicións do programa Tú si que vales de Tele5, Loli Nogueira.

    Aínda con recortes significativos, a cita non deixa de ser atractiva e en canto ao Festival de Bandas de Galicia, é de obrigada asistencia (domingo ás 17.30) para os amantes deste tipo de sons, e xa unha referencia das nosas festas populares.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook