Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O último concerto de Olympus, aun más grande

    olympus-2011-concerto-fin-de-xira

    Esta noite é moi especial para OLYMPUS, porque é a última da temporada. Na sala LP 45 de Ordes despídese a orquestra de Negreira ata a vindeiro tour, e con ela algúns dos actuais compoñentes da formación musical.

    E para esta noite tan especial na que din adeus Jessica Santín, Consuegra, El Pollo e Luis Felipe, hai preparada toda unha batería de actos que culminarán na última actuación en directo. Sinatura de autógrafos a partir das 21.30, fotocol a partir das 22.00, regalo de prendas que utilizaron os compoñentes nesta xira Aún más grande, merchandising, etc... destacan entre todo o que a orquestra ofrecerá esta noite aos seguidores.

    Aqueles que teñan carné de fan poderán entrar gratis á sala. Tamén haberá unha zona especialmente preparada para os máis pequenos da casa que, ademais, poderán entrar gratuitamente acompañadaos dun adulto.

    O acto máis solidario da noite

    Pero esta noite terá, ademais de sabor a despedida, un marcado carácter solidario. A orquestra quere convidar a todo o público a que esta noite colabore con ASPACE introducindo só 1 € na caixa solidaria Aún más grande. Ademais, o público tamén poderá levar para a casa o DVD co videoclip Ayúdame, realizado pola orquestra para este fin benéfico, por tan só 5 €.

    Esta noite será a máis grande da xira 2011, pero a orquestra xa está traballando no próximo tour que traerá moitas novidades que iremos desvelando pouco a pouco. De momento só queda despedirse esta noite de OLYMPUS 2011 por todo o alto en Ordes.

    _________________________________________________________________

    ASPACE = Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook