Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O grupo Samba cambia a voz

    grupo-samba-2011-alex-costa-foto1Despois de 11 anos, Alejandro Costa abandona América S.L. e ficha polo grupo Samba

    Único cambio no grupo SAMBA para 2011 pero moi importante. A formación musical presenta nas súas filas a nova voz masculina para a nova temporada: Álex Costa, cantante durante 11 anos do grupo AMÉRICA S.L., será a novidade para a próxima temporada no grupo pontevedrés.

    Polo menos de cara ao público esta será a novidade máis salientable, e que levará probablemente a unha nova presentación do grupo nas festas, cun repertorio adaptado á nova voz pero sen perder a esencia de SAMBA, música 100% bailable.

    Alejandro Costa, ademais de cantante é saxo e guitarra e continúa os seus estudos de canto no conservatorio. O artista é moi coñecido na verbena galega porque leva máis dunha década no grupo AMÉRICA S.L. Costa continúa agora a súa andaina profesional nun grupo un pouco máis verbeneiro aínda que seguro que a súa chegada a SAMBA se ha de notar dalgunha maneira.

    A saída da actual voz do grupo débese á súa retirada dos escenarios. Despois de 25 anos, os que ten o grupo, Antonio González, un dos creadores de SAMBA, dille adeus ás festas (desde o palco, entendemos). Estes cambios na xestión do grupo fan que entre como socia-propietaria de SAMBA Estela Rodríguez (a cantante e responsable de produción).

    O grupo SAMBA xa se encontra preparando a próxima temporada: nova imaxe, cambios no repertorio, nova montaxe... que farán que a formación musical, aínda en tempos de crise, continúe aumentando o número de actuacións. O traballo ofrecido e a boa relación calidade-prezo teñen moito que ver co éxito.

    En breve grupo SAMBA 2011. Pronto máis!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook