Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O grupo Midas visita Palco de Estrelas

    Midas 2012 - grupo - cartel

    Última imaxe promocional do grupo Midas ata o momento

    O grupo Midas de Pontecesures presenta a súa nova temporada esta noite no programa Palco de Estrelas, de Radio Valga

    O grupo MIDAS de Pontecesures comeza temporada, e esta noite dará o pistoletazo de saída no programa Palco de Estrelas, de Radio Valga, presentado por Daniel Seijas. A formación musical reinaugura este espazo de entrevistas e música en directo despois dunha paréntese desta sección no programa.

    O veterano espazo segue a ofrecer información de orquestras e festas cun toque moi persoal da man de Daniel Seijas. Ademais, hai moitos concursos nos que se pode gañar CD das diferentes formacións musicais, presentacións de discos, etc... Despois dunha temporada na que o locutor recibía nos estudios a diferentes orquestras e grupos de verbena, xa había algún tempo que non gozabamos de entrevistas nin música en directo, polo que a partir desta noite Daniel recupera este formato no seu programa.

    Desde hai un tempo, tamén, Radio Valga pode ser escoitada a través da Internet polo que a cobertura xa non é problema para aqueles oíntes que non podían acceder ao programa a través das ondas.

    A partir desta noite Palco de Estrelas máis completo ca nunca, coa verbena como referente principal, coma sempre.

    ____

    Podes escoitar o programa pola Internet dos seguintes xeitos:

    http://www.raddios.com/4322-radio-valga
    http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434
    http://www.radiovalga.net/
     ou nas app tunein e radio.es.
     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook