Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Enero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Grove vai de festa

    Orquesta Saudade 73 2012 - Captura web Captura da páxina web da orquestra Saudade 73, que actuará esta noite nas festas patronais de San Vicente do Grove

    Son as festas patronais do Grove. A localidade mariñeira e turística celebra as súas festas de San Vicente e, aínda que os festexos de máis concorrencia son os do verán, concretamente os da Virxe do Carme, o programa festivo ofrece actividades variadas e música de verbena.

    O Grove celebra o patrón en pleno inverno, pero polo verán enche coas programacións, en xullo, da Virxe do Carme. Ademais, a feira do marisco atrae a milleiros de visitantes no mes de outubro. Agora, con máis roupa enriba que nas outras celebracións, no Grove tamén se pode botar unha boa peza ao ritmo, hoxe, da orquestra SAUDADE 73 e mañá, do dúo PRISMA.

    SAN VICENTE DO GROVE. FESTAS PATRONAIS SÁBADO 21 18:00 Actuacion do animador JAVI SOLLA, con chocolata para todos os asistentes 20:00 Verbena a cargo da Orquestra SAUDADE 73 *no descanso da orquestra actuarán PEDRO CAMPOS & FRAN TORRES LIVE (Latin house Animación) DOMINGO 22 10:00 Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas AIRIÑOS DA LANZADA 12:00 Misa Solenme con procesión, cantada pola CORAL BOCA DA RÍA do Grove 13:00 Sesión vermouth a cargo do DÚO PRISMA 18:00 Exhibición de taekwondo e baile moderno. Haberá chocolatada para todos os asistentes. 19:30 Actuacion do DÚO PRISMA

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook