Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O globo de Betanzos, rei das festas 2012

    Betanzos 2012 - Festas patronais - cartelComo xa anunciamos a pasada semana, as festas de Betanzos 2012 son as celebracións máis recortadas dos últimos anos. Cun orzamento de 150.000 € para todos os eventos o cartel sofre un recorte considerable coa ausencia de grandes estrelas para os concertos e das consideradas "grandes" orquestras galegas. Tamén se recortan as noites de verbena o que deixa un programa menos vistoso que outros anos pero onde aínda poderemos gozar da actuación dalgunhas boas orquestras como FANIA BLANCO SHOW (abrindo as actuacións musicais o día 15), o grupo TABÚ (para a noite da elevación do globo de papel), ALARMA (o día 18, para a I Xira dos Caneiros) e VERSALLES para o día 25 (II Xira dos Caneiros e fin de festas).

    Outro recorte para o último día de celebracións é a substitución da orquestra ou grupo musical dos Caneiros por unha charanga. Actuará a Charanga NBA facendo festa no entorno do río antes da verbena final pola noite a cargo da orquestra coruñesa VERSALLES.

    En canto a outras actuacións, o día 17 estarán na Cidade dos Cabaleiros os compoñentes do grupo ferrolán LOS LIMONES, e o día 24 a primeira edición dun festival de rock, denominado BRIGAROCK, que esperemos teña continuidade en vindeiros anos e onde actuarán CHICKEN ASS, OS QUE VAND e AEROSOUL.

    Cerrará o evento o recoñecido grupo galego CAPITÁN MORGAN.

    Podes consultar o programa completo das patronais de Betanzos: Festas San Roque 2012

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook