Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O festón de Mosteirón

    Sada 2011 - Festas de San Bieito en Mosteirón - cartelUn ano máis estanse levando a cabo as festas no lugar de Mosteirón (Sada). Este ano é un pouco especial porque está marcado polo regreso dunha das orquestras que durante dez anos ininterrompidos estivo actuando nestas populares celebracións: PARÍS DE NOIA. No recordo están aquelas citas que congregaban a milleiros de persoas e acugulaban o campo da festa para ver o duelo entre a PARÍS e a PANORAMA, despois viñeron algunhas edicións nas que as orquestras actuaban en días diferentes e, finalmente, nas tres últimas temporadas a non asistencia destas orquestras clásicas en Mosteirón.

    Pois este ano, despois de tres edicións, velaquí está a PARÍS DE NOIA para abrir os festexos despois da xa popular churrascada. Na actuación de Mosteirón estará acompañada por outra agrupación musical.

    E o segundo día das festas preséntase tamén forte, o grupo GLAMOUR acompañará a orquestra pontevedresa MARBELLA, que volve un ano máis ás festas de San Bieito, nas que xa actuou algunha vez. GLAMOUR cerrará as festas o domingo, en sesión vermú única, como xa vén sendo habitual desde hai uns anos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook