Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O espectáculo de Philadelphia abre as festas da Barqueira (Cerdido)

    Cerdido 2012 - Festas da Barqueira - cartelVariedade de repertorios nas festas da Barqueira, no concello coruñés de Cerdido

    A orquestra PHILADELPHIA é a encargada de abrir esta noite as festas da Barqueira, localidade do concello de Cerdido, lindante coas Somozas, Ortigueira e Cedeira. A afamada orquestra estará acompañada polo espectáculo de luz e son da DISCOMÓVIL PEGASO na primeira noite de celebracións.

    Un programa para tres días de festas onde a variedade de repertorios é o máis destacado, pois despois dunha noite de música de baile e espectáculo con PHILADELPHIA e o repertorio dance dunha discoteca móbil, a cara máis bailable da festa chegará o sábado da man da orquestra coruñesa FOLIADA e CHICAS SHOW de Pontevedra.

    Para rematar, o domingo, en sesión vermú e noite, a orquestra NOVA IMPERIAL poñerá o broche final ás festas de 2012.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook