Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Febrero
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Entroido máis bailongo está en Verín

    Verín 2014 - Entroido - cartel orquestrasPor Verín pasarán algúns dos grupos e orquestras máis actuais para celebrar un dos mellores entroidos de Galicia

    Verín énchese de cigarróns durante estes días, e tamén de verbenas, desfiles e todo o que ten que ver coa cita por excelencia no sur de Galicia: o Entroido.

    Coma cada ano, desde o pasado domingo en que se deu o pistoletazo de saída ás festas, pasando polo xoves de comadres, o venres de compadreo, sábado de entroido, domingo gordo, luns fareleiro, martes de entroido e domingo de piñata.

    A nova orquestra SINTONÍA DE VIGO abría o pasado domingo as festas. MARBELLA LIGHTS SHOW é a segunda en actuar. O venres de compadreo é para ACHÉ e a súa nova dianteira. Os renovados grupos TRIUNFO e CICLÓN tocan o sábado, o grupo compostelán abre aquí a nova temporada 2014. O grupo LA OCA desde Sanxenxo e PARÍS DE NOIA presentando novidades na montaxe actúan o domingo. ALKAR e CHARLESTON BIG BAND o luns fareleiro e as renovadas orquestras GARIBALDI e PALLADIUM cerran as actuacións musicais de verbena o martes de entroido. Todo un cartelazo para bailar entre cigarróns os éxitos do momento e a música popular de sempre nunha festa declarada de Interese Turístico Nacional. Verín 2014 - Entroido - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook