Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O día dos "panorámicos"

    Orquesta Panorama 2011 - Festa de Fans 2011 - cartelPanorama ofrecerá en Caldas de Reis unha festa para os seus seguidores

    A orquestra PANORAMA celebra mañá domingo a súa Festa de Fans 2011, e faino na súa vila: Caldas de Reis. A partir das 17:30 na praza da Tafona caldense haberá multitude de xogos para os nenos, talleres, inchables, etc... Ás 20:30 a orquestra subirase ao seu escenario para facer unha verbena moi especial para os seus.

    Son máis de 5000 os fans "oficiais" da afamada agrupación musical, para aqueles que se acheguen a Caldas co seu carné poderán levar para a casa a camiseta da xira Planet Tour 2011. Tamén haberá sorteos de material da orquestra de anos anteriores e, ademais, haberá unha pequena rolda de prensa onde se presentará a IV Gala contra o Cancro, que terá lugar o venres 29 de abril en Ordes.

    Unha tarde-noite dedicada por PANORAMA para todos aqueles que fan quilómetros en cada xira para pasar noites de festa, mañá será unha delas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook