Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Agosto
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O día do emigrante de Larazo

    Orquesta Jerusalén - 2012 - Boiro - 018 Jorge Menéndez, director e cantante da orquestra Jerusalén /

    © festaafesta.tk 2012; reservados todos os dereitos

    Xa van máis de trinta anos desde a primeira edición da Festa do Emigrante de Larazo, en Vila de Cruces. Por aquelas datas, nas que había moitos emigrantes galegos, sobre todo en Suíza, en moitas poboacións estilábase facer a Festa do Emigrante, xa fose polo verán ou noutras datas sinaladas do Nadal. Hoxe aquela "moda" pasou a mellor vida e xa son poucas as festas con esta denominación pola xeografía galega.

    Mais en Larazo son fieis á tradición e continúan con esta festividade aínda que sexa só un día ao ano. Desta volta contan coa actuación de dúas orquestras de primeira liña en Galicia: COSTA OESTE e JERUSALÉN. As bandas lideradas por Javier Comesaña e Jorge Menéndez respectivamente chegan hoxe a Larazo (JERUSALÉN xa actuou en sesión vermú) para sumar un ano máis a esta festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook