Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O cocido máis famoso de Galicia

    Lalín 2012 - Feira do cocido - cartelComo cada domingo anterior ao Entroido, en Lalín vístense de festa para acoller unha das celebracións de máis sona da vila, a Feira do cocido. E non é para menos, a celebración gastronómica está declarada como Festa de Interese Turístico Nacional.

    Aínda que a celebración gastronómica en Lalín comezaba xa na noite deste venres, cunha gala xa tradicional na que hai que reservar entrada e que este ano estivo amenizada coa música, entre outros, de DAVID BISBAL e PASTORA SOLER, o domingo é o día propio, con charangas e comparsas durante toda a xornada e degustación dos produtos típicos do Entroido.

    Para a degustación máis esperada do ano na comarca do Deza, serán máis de 30 establecementos os que ofrecerán o cocido con prezos que van dos 18 aos 45 euros por prato. Un gran desfile de carrozas e música de charanga e comparsas completan a xornada en Lalín, cunha inmellorable antesala do que será o Entroido; porque, como xa reza o dito: De Santo Amaro a San Valentín, mes do cocido en Lalín.

    ________________________________________

    Ofrecemos en Festa a Festa unha selección dalgúns dos carteis das diferentes edicións da Feira do Cocido de Lalín.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook