Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Febrero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O cocido máis famoso de Galicia

    Feira do Cocido de Lalín 2011 - cartel de Antón PulidoCartel promocional da Feira do Cocido de Lalín

    Como cada domingo anterior ao Entroido, en Lalín vístense de festa para acoller unha das celebracións de máis sona da vila, a Feira do cocido. E non é para menos, a celebración gastronómica está declarada como Festa de Interese Turístico Nacional.

    O cartel promocional, coma sempre, é unha auténtica obra de arte. Este ano a autoría correspóndelle a Antón Pulido.

    A celebración gastronómica en Lalín comeza o venres, cunha gala xa tradicional na que hai que reservar entrada e que este ano estivo amenizada coa música de Marta Sánchez, Cantores de Híspalis, Camela ou a volta de HEVEL&RAYEL, entre outros e retransmitida pola TVG (Luar). O domingo é o día propio, con charangas e comparsas durante toda a xornada e degustación dos produtos típicos do Entroido.

    A pregoeira deste ano é a xornalista Mariló Montero. En canto aos restaurantes, serán 32 establecementos os que ofrecerán o cocido con prezos que van dos 18 aos 45 euros por prato. Un gran desfile de carrozas e música de charanga e comparsas completan a xornada en terras do Deza. Como xa reza o dito: De Santo Amaro a San Valentín, mes do cocido en Lalín.

    _______________________________________

    Ofrecemos en Festa a Festa unha pequena colección cos carteis dos últimos anos da Feira do Cocido de Lalín.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook