Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Ciclón verbeneiro chega a Larín

    Arteixo 2011 - Verbena en Larín - cartelNo concello de Arteixo, concretamente en Larín, haberá verbena dentro dunhas horas. O Club Deportivo Larín organiza unha noite de verbena da man dos amigos do grupo CICLÓN. Os oito compoñentes da formación musical compostelá ofrecerán o novo repertorio a todos aqueles que se queiran achegar ao campo da festa de Larín para gozar dunha posta en escena particular e unha completa selección de temas de todos os estilos. Por haber incluso pode aparecer unha avioneta no escenario...

    Desde as cumbias máis coñecidas nas verbenas a temas moi pouco usuais, e potentes, CICLÓN caracterízase por ofrecer un primeiro pase para todos os públicos, que vai in crescendo a medida que van pasando os temas, e un segundo pase dos máis cañeiros actualmente.

    Con CICLÓN a festa sempre está asegurada. Esta noite en Larín a partir das 23.00 horas festa rachada.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook