Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Febrero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O cabaliño das festas

    Cabaliños Hernáiz - PadrónCabaliños Hernáiz nas festas de Padrón, unha das atraccións fixas da Pascua / © Foto: roxegar 2005

    Abrimos hoxe un novo apartado en Festa a Festa coa publicación de pequenos textos literarios que teñen que ver coas festas e verbenas galegas. E abrimos cunha xoia literaria de Xabier P. DoCampo, a historia dun cabaliño de madeira que vai nalgunhas rodas aínda polas nosas festas (por exemplo os de Hernáiz nas festas de Padrón ou os cabaliños San Luís no Grove, Vigo ou no San Froilán de Lugo, entre outras). Pronto traeremos novos textos que teñan como tema principal a verbena ou festa en Galicia.

    O cabaliño das festas

    Chegou a tarde e con ela a festa foise animando. Xa había mozos mandándolles tiros ás fitas das bonecas e os nenos, nos cabaliños do señor Pedro, daban voltas ledos como axóuxeres e saudando a cada xiro o pai, a nai, o avó, que lles respondían coa man ao tempo que lles recomendaban que se agarrasen ben.

    Quen non estaba tan ledo era o Branco, un dos cabaliños, que xa levaba tres ou catro festas seguidas falándolle ao Pinto, o cabaliño que levaba á par del:

    —A min—dicía o Branco— gústame correr, pero quero ir a algún lugar novo, que aquí botas a noite correndo como un tolo e ao final estás no mesmo sitio.

    —Pero ti estás tolo, Branquiño. Nós somos cabaliños de carrusel e temos que galopar dando voltas.

    —Terás que dalas ti, que eu nacín cabalo e quero galopar polos camiños, polo menos unha vez, aínda que non sexa máis que para probar.

    —Estaríache bonito —riu o Pinto—, que saíses correndo agora polo medio da festa con ese neniño que levas no lombo.

    Habíase armar unha boa. Déixate de lerias, que por moito que queiras botar a correr por aí adiante, ti estás amarrado á barra e tes que vivir subindo e baixando, dando voltas no carrusel e non hai máis historias…

    Os cabaliños ficaron novamente calados e, xunto cos outros compañeiros, botaron o máis da noite dando voltas, e para o outro día, tamén.

    Cando rematou a festa, o señor Pedro púxose a desarmar o carrusel. Cargou todo no camión e arrincou cara a outra festa.

    Alí armou novamente o seu carrusel e foi pondo os cabaliños cada un no seu sitio: unha barra, un cabaliño […]. Pero cando foi colocar o Branco non deu con el por parte ningunha.

    Seguro que me caeu do camión, pensou. Botouse a desandar o camiño pero non foi quen de atopalo por máis que mirou e preguntou a todos cantos cruzaron con el […].

    Aquela noite a barra do Branco subía e baixaba baleira e ao lado o Pinto pensaba que, ao mellor, os cabaliños dos carruseis tamén poden galopar polos camiños.

    Xabier P. DOCAMPO

    Cun ollo aberto e outro sen cerrar, Vía Láctea

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook