Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Barco celebra a súa Santa Rita

    Grupo Ciclón - 2010 - 001 - Romaría Solidaria con Haití A Barcala_03Actuación de día da orquestra Fania Blanco Show / © Foto: roxegar 2009

    Son as festas pequenas do Barco de Valdeorras. A localidade ourensá estará de festas durante catro días cun programa modesto onde prima a música de verbena e as competicións deportivas. É unha festividade pequena con moita menos proxección que a do Cristo, no mes de setembro, pero aínda así haberá verbena durante máis de tres xornadas, o que é pouco usual nestas últimas edicións onde eran tres os días de festa ou polo menos de verbenas. As celebracións comezan o venres e rematan o vindeiro luns, que é festivo local.

    IRIS amenizarán a primeira xornada, FANIA BLANCO SHOW actuará o sábado, a orquestra coruñesa CENIZA farao o domingo, e o luns, para cerrar as festas, a agrupación musical FIN DE SIGLO.

    Programa completo das Festas de Santa Rita do Barco de Valdeorras.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook