Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Novo traballo en dvd: orquestra Stereo 2012

    Stereo 2012 - orquesta - cartel Novo cartel promocional para a orquestra Stereo

    Unha orquestra que pode dar o salto que lle falta para colocarse entre as formacións máis coñecidas: STEREO. Unha formación musical caracterizada polo seu repertorio adaptado a todos os públicos e a posta en escena en rigoroso directo. Da man de Lugonorte Espectáculos, a orquestra STEREO MUSIC SHOW está preparada para dar un salto importante este 2012.

    E para iso a faceta promocional confiada unha vez máis a MUSIC VANOG, pasa por ofrecer un DVD da formación musical e camisetas para os seguidores. Porque este ano vai ser complicado para a verbena galega e hai que poñer todo esforzo en promocionar as orquestras nun mercado cada vez máis reducido por mor da crise, e a orquestra STEREO non ía ser menos. Aínda que o seu mellor soporte promocional é o traballo ofrecido, unha decidida aposta polo son e a luz, a nova imaxe, o dvd e as camisetas axudarán a ter presente este nome para a organización de festas: STEREO MUSIC SHOW 2012, son de verbena desde Lugo para toda Galicia.

    A empresa de marketing Music Vanog é a encargada da promoción da orquestra luguesa Stereo Music Show. Xa está dispoñible o DVD da formación musical
     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook